Autora de libros
como Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul,
obtivo premios coma o Ánxel Casal da AGE ao mellor libro de ficción, o premio
da AELG á mellor obra narratica do 2912, o premio da crítica de narrativa
galega, o premio Antón Losada Diéguez do 2013 e premio da Crítica española ao
mellor libro de narrativa.
A súa foi unha obra
meteórica que nos devolveu aos mitos que sempre foron de noso: a materia de
Irlanda e as viaxes de Ulises (desta vez con Penélope e Circe mirándose sobre a
cabeza do loitador). Con ela volvemos a percorrer os camiños de Cunqueiro,
volvendo aos tempos que nunca se foron, agora vistos coa mirada de muller, unha
mirada lila.
As súas palabras:
“Considero o
feminismo como un humanismo global. Poñer as gafas lilas é poñerte na pel de
quen padeceu a exclusión, non falar desde a historia narrada polos vitoriosos,
senón de quen sufriu a exclusión por ser considerad@ menor e secundari@”,
defendía Begoña Caamaño, da súa maneira activista de situarse no mundo.
(…)”.
O Botafumeiro é
unha revista dixital de humor en galego con periodicidade mensual. Recolle
textos e banda deseñada. Nela participan moitos dos autores que coñecemos:
Manel Cráneo, Alberto Guitián, Roque Romero, Bernal Prieto, Xiomara Correa,
Diana López, Kaz, Tayone, Martín Romero, Brais Rodríguez… eJano con páxinas de Nacho Camacho, viñetas
de A Ollada do Chosco e novos personaxes e series. Podes
atopalo nesta páxina.
Sacoponcho é unha publicación
autoeditada que reúne os novos talentos do colectivo de banda deseñada Fume de Carozo: Xulia Vicente, Uxía Larrosa,
Luís Yang e Paloma Tarrío. A edición complétase con aportacións de ilustración
a páxina completa de debuxantes como Jorge Peral ou Yago García.
19/10/14
Con motivo
da celebración doV Día da Ciencia en Galegoo vindeiromércores 5 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros
educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web,
na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de
Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os
proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a
videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a
posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil
manexo.
POEMA DE MARCOS ANA. TRADUCIDO AO GALEGO E MUSICADO POLO GRUPO A QUENLLA.
INFORMACIÓN ACHEGADA POLA BIBLIOTECA DO IES SAN PAIO DE TUI E A BIBLIOTECA DO CPI MONDARIZ.
Velaquí a letra e a música do poema na nosa lingua:
Contaime como é un carballo,
como é o cantar
dun río cando se enche
de paxaros.
Falaime do mar.
Falaime dos arrecendos
do campo. E das estrelas.
Do aire.
Recitaime un horizonte libre de pechos
e chaves como a casupa
dun pobre.
Decime como é o alento dunha muller. Daime
o nome do amor : xa non
me lembro.
¿Aínda as noites se perfuman de namorados
tremendo de paixón baixo
da lúa?
¿Ou non hai máis ca esta foxa, a luz dunha
sepultura e a canción das
miñas lousas?
Vintedous anos...Xa esquezo
ata a dimensión das cousas, a
color, o cheiro...Escribo
a cegas: “ o mar”, “ o campo”... digo
“fraga” e non percibo a
xeometría dun carballo.
Falo por falar de asuntos que
me borraron os anos. (
Non podo seguir: escoito os
pasos do funcionario)
Música : Xosé Luis Rivas Cruz. A Quenlla,Silencios
na memoria
A banda deseñada para os máis novos segue a ser unha flor de
invernadoiro, por iso recibimos con tanto agarimo cada unha das entregas deMarcopola, a illa remeiradeJacobo Fernández. Acaba de saír á luzMarcopola a illa Remeira 3: Dragoneta.
Nela, o autor reflite unha vez máis, a creatividade desbordante que o
caracteriza. Un nbovo personaxe,Demoneta, poderá converterse en Dragoneta
grazas a unha apócema fabricada polo alquimista Brisgovius; agora voa e bota
lume pola boca pero o seu tamaño diminuiu e quedou pequerrechiña ¡é o que ten
xogar con beberaxes"; o seu empeño por levar a cabo misións bondadosas
terá resultados irregulares... Publicado porEdicións
Xerais de Galicia.
*Nacho Camachoé o novo cómic deJano, con guión deRodrigo Cota. Nacho Camacho é un personaxe
nada recomendable: vago e machista, cheo de prexuízos e homófobo; pero todo
porxo ten o seu san martiño e Nacho é pai dun rapaz homosexual ¡el sínteo como
unha gran desgraza! e alguén sorrí pensando que é un xusto castigo á súa
maneira d epensar e actuar. Neste volume recompílanse as historias xa
publicadas na desaparecida revistaRetrancae
unha historieta nova e máis longa relacionada co Camiño de Santiago.
Publicado porDemo Editora.
Encargados por teléfono o venres 10 de outubro e recibidos o luns 13 no noso Instituto.
O noso agradecemento á área de cultura da Deputación da Coruña.
* A Editorial Fosfatina súmase co seu primeiro lanzamento
ao panorama da banda deseñada galega. Griza Zono é o
título do traballo do vigués Andrés Magán, que debuta cunha publicación
experimental de 48 páxinas en branco e negro.
* O Premio Ourense de Banda Deseñada, que recoñece cada
ano o traballo dunha persoa ou entidade a prol da novena arte no noso país, foi
para o crítico e dinamizador Henrique Torreiro. Valórase a súa longa
traxectoria de máis de vinte anos desde o colectivo Phanzynex e a organización
das propias Xornadas de Ourense ata o seu labor como divulgador, dentro do cal
desdenvolve a súa columna de opinión en Culturagalega.org.
*O Valedor do Pobo e a Consellería de Traballo e Benestar
lanzaron a primeira edición do cómic Os perigos de internet, unha historieta
que pretende achegar as ameazas reais que se poden atopar os menores de idade
no uso das tecnoloxías.
*Un novo traballo de Tokio, en Demo Editorial. A
causa do crime, unha historia de 50 páxinas a branco e negro que reúne
sindicalismo, a corrupción, represión policial ou terrorismo na Galicia dos
anos 80. A historia, publicada por entregas en 1987 no xornal A Peneira ve
a luz agora cun argumento ampliado e nova realización gráfica. Está previsto
que o volume saia á venda a comezos de agosto.
6/10/14
A esmorga, acaba de ser levada ao cine (de novo). Anteriormente, a
novela de Eduardo Blanco Amor, fora adaptada en 1977 polo director asturiano Gonzalo Suárez baixo o
título de Parranda con José Sacristán, Antonio Ferrandis e
José Luis Gómez como protagonistas do filme. Esta vez, faise da man do galego Ignacio Vilar, rodada integramente na provincia de Ourense,
en escenarios emblemáticos da novela con actores como Karra Elejalde,
Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris" e producida por Vía Láctea
Films e Editorial Galaxia.
A estrea terá lugar en Ourense, no festival OUFF coincidindo coas
celebracións do 35 aniversario do pasamento de Blanco Amor.
As laranxas máis laranxas de todas as laranxaspasou a ser a primeira peza
teatral destinada ao público infantil posta en escena poloCentro Dramático Galego.
Esa vella arela que un día reivindicara publicamente Cándido Pazó no nome de
todos os mediadores da literatura infantil e de toda a rapazada deste país
levouse a cabohai máis dunha década.
A obra que fora o primeiro premio do certame de teatro O Facho pasou a
ser tamén a primeira obra representada polo CDG. Carlos Casares, o seu autor
ben o merecía. O elenco, a posta en escena, a escolla da dirección (o portugués
José Martíns), a música e todo o que xirou arredor desta obra constituiu unha
aposta ilusionante. Agora, volve astáboasco CDG e Jose Caldas. Os nenos e as
nenas non son sempre os mesmos e poderán espertar á ilusión e á cretividade das
mans desta peza.
Velaquí a guía didáctica e as datas e lugares de representación