BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

15/3/12

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA.

Para conmemorar a Semana da Prensa na Escola contamos coa presenza na nosa biblioteca do xornalista de "El Progreso" Pablo Yáñez quen nos  explicou o labor diario que se fai no xornal no que el traballa. Contounos as súas experiencias profesionais, as características dos estudos de xornalismo, as cualidades dun bo xornalista, as distintas seccións dun xornal, medios de financiamento, escolla das noticias, etc. Unha boa oportunidade para aqueles alumnos e alumnas do noso centro que teñen como obxectivo facerse xornalistas no futuro.
Velaquí as imaxes da actividade e o noso agradecemento a Pablo Yáñez.