BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

15/3/12

15 DE MARZO. DÍA DO CONSUMIDOR.

O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO puido ver o documental sobre  obsolescencia programada titulado "Comprar, tirar, comprar". Unha boa oportunidade para reflexionar sobre os nosos comportamentos como consumidores e as técnicas dos fabricantes para fomentar as vendas dos seus produtos reducindo a duración e a vida dos mesmos. O documental podes velo neste blog na entrada inferior. Velaquí as fotos da actividade organizada pola biblioteca en colaboración co Departamento de Tecnoloxía.