BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

17/3/12



longametraxe galega Engurras baseada no cómic do mesmo nome de Paco Roca está disposta a rachar moldes, e esta arriscada aposta que opta pola animación 2D para ilustrar unha historia ambientada nunha residencia á que vén de chegar o protagonista, un enfermo de Alzheimer, que tece relacións con outros anciáns, intentando manter unha vida de seu. A dureza desta situación está tinguida con toques de comedia e tenrura, para facer soportable esta dramática situación. Pero esta aventura audiovisual non só destaca pola súa proposta artística, senón que tamén é valente no tocante á súa distribución, e a menos de 2 meses da súa estrea cinematográfica chega á plataforma de cine dixital Filmin, de xeito que dende hoxe xa poder verse a través da Internet de xeito legal.

http://www.filmin.es/pelicula/arrugas