Os alumnos e alumnas de Lingua galega de 1º de ESO, tras ler os libros recomendados na materia, elaboraron os correspondentes pasaportes lectores nos que expresan as suxestións, sensacións e opinións provocadas polas lecturas, polos libros, polos escritores e escritoras. Relatos, debuxos, opinións, impresións, pasaxes, vidas reais e fantasías. Todo recollido nestes pasaportes lectores que se expoñen estes días na biblioteca para compartir cos lectores e visitantes da mesma.
28/5/21
18/5/21
ENCONTRO NA BIBLIOTECA COA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ. Esta mañá tivemos un encontro coa escritora de Burela Antía Yáñez. Actividade complementaria á lectura previa dos seus libros "O misterio de Portomarín", "O misterio do torque de Burela" e "Senlleiras". Algunhas imaxes do seu paso pola nosa biblioteca.Preme na imaxe e verás as fotos.
13/5/21
LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS.
Entre as nubes,
seguen a nacer
os versos que ti sementaches.
A túa palabra será eterna,
onde queira que esta.
Ficamos orfos,
dos poemas non escritos.
LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS
Xela sabe onde dorme o sol
e pode espertalo cos seus fermosos ollos.
Pode seducilo,
abrazarse con el cando se deita.
4/5/21
A BIBLIOTECA CO PLAN PROXECTA. ELÍAS GONZÁLEZ PRIETO. O ÚLTIMO ALFAREIRO DE GUNDIVÓS VISITOU O CENTRO E DEIXOUNOS ESTE AGASALLO PARA A NOSA BIBLIOTECA.
Hoxe estivo con nós o último alfareiro de Gundivós: Elías González Prieto. Enmarcado no Plan Proxecta “Os vellos oficios” que iniciamos en febreiro co oficio dos zoqueiros cando nos visitou Alberto Geada.
Quedámonos coa súa invitación a unha visita guiada que nos pode preparar se nos poñemos en contacto neste sitio.
Gundivós (Sober, Lugo), «terra de cacharreiros», en plena Ribeira Sacra.. Centro importante de industria alfareira, pasou por un importante declive nos anos 60 chegando case á desaparición. De momento, esta tradición mantense viva grazas ao traballo dos poucos alfareiros que aínda dominan este vello ofcio e intentan promocionar este tipo de alfareiría: Elías González Prieto, quen nos visitou hoxe é un claro exemplo.
As súas pezas son feitas con torno baixo movido pola man, con barro local e cocidas en forno de leña. As formas tradicionais son sobrias, reforzadas con vincos e con distinguida decoración incisa. O interior vai recuberto con resina de piñeiro; posteriormente quéntase a peza para fundila, o que fai que estas pezas collan a negra cor característica.
Trátase de pezas destinadas a gardar o viño, o vinagre, meleiras, queixeiras, etc.
SESIÓNS INFORMATIVAS AFECTIVO SEXUAIS. Hoxe rematamos o ciclo de sesións formativas afectivo sexuais que se viñeron desenvolvendo durante as últimas semanas. O noso agradecemento a Raquel Graña, encargada de impartilas e á ANPA do IES Marqués de Sargadelos pola organización das mesmas.
Charlas temáticas organizadas pola Universidade de Santiago. Hoxe contamos coa presenza do Catedrático de Dereito Constitucional e Director do Centro de Estudos sobre o Sahara Occidental Carlos Ruiz Miguel. Actividade organizada polo departamento de Xeografía e Historia coa finalidade de dar a coñecer a situación socio política do Sahara e a súa relación co proceso de colonización de África e o estado actual deste territorio.
26/4/21
23/4/21
24/3/21
LECTURAS RECOMENDABLES. Francisco Castro: "Chamádeme Simbad".
Unha interesante lectura e traballo posterior realizado polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua galega.
A lectura atenta e activa levounos á reflexión sobre
un dos problemas da nosa sociedade: as
consecuencias da perda do control da
nosa mente, de nós mesmos, a desmemoria; a enfermidade do Alzheimer.
Neste libro, Francisco Castro, de maneira informal, irónica;
mesmo divertida conduce á xuventude a reflexionar sobre este problema que
afecta a tanta xente maior e ás veces non tanto.
A lectura na
aula, a reflexión sobre o contido e o traballo creativo final do alumnado
exponse na biblioteca. ”Chamádeme Simbad”. Francisco Castro. Unha lectura máis
que recomendable para calquera idade que nos convida a ser empáticos con esta
realidade.
https://www.facebook.com/photo?fbid=4088638094491432&set=pcb.4088639391157969












































