BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

18/5/23

Charla Pegada Dixital

 

Este luns 15 de maio o alumnado de 2º de ESO recibiu unha charla por parte do persoal de Amtega sobre a Pegada dixital. Esta actividade ten como obxectivo capacitar o alumando no uso seguro, responsable e proveitoso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Trataron temas como a seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais, explicóuselles o que é a identidade dixital e a importancia da pegada dixital, afondouse na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes e ofrecéronselles as ferramentas e recursos aos que poden acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso da tecnoloxía.











16/5/23

Cerimonia 2º de BAC

O pasado luns 15 de maio celebrouse no centro a cerimonia de graduación de 2º de BAC.

Despois de proxectar un vídeo dos recordos destes dous últimos anos o alumnado recibiu uns agasallos cortesía do centro.

Desexámosvos toda a sorte do mundo nesta nova etapa, rapazada!

Deixamos por aquí algunhas fotos. 



















 




 

Día das Letras Galegas 2023


A biblioteca do centro tamén se suma á conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano adicado a Francisco Fernández del Riego, ensaísta, narrador e editor. Traballou incansable a favor da nosa cultura durante tempos escuros, impulsando e dirixindo proxectos que fixeron crecer o país.

Podedes consultar neste enlace unha biografía do autor: 

https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego


13/5/23

Charla Talento Mozo

O martes 9 o alumnado de 3º e 4º de ESO participou no Obradoiro Talento Mozo dirixido por Cristina Pichel, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

  

 

Estes obradoiros buscan dar visibilidade ao potencial, creatividade e a capacidade de innovación que ten a xuventude galega a través de coloquios con mozos e mozas. 

 

Trátase de realizar encontros con emprenderores/as ou estudantes que representan casos de éxito para resolver dúbidas á hora de escoller  estudos superiores e que buscan mellorar a posterior inserción laboral.





11/5/23

Novo mobiliario

Adquirimos novo mobiliario para a biblioteca do centro! O novo mobiliario vén mellorar tanto a distribución como a utilidade das diferentes zonas.







Temos novas mesas e coloridas cadeiras para a zona de banda deseñada, uns taburetes próximos á zona das revistas e nova iluminación.




 



10/5/23

Día de Europa

Este 9 de maio celebrouse o Día de Europa e o Departamento de Economía do noso centro realizou os seguintes traballos.


Esta data marca o aniversario da lectura da Declaración Shuman o 9 de maio de 1950. Nela propoñíase a creación dunha Comunidade Europea cuxos membros porían en común a produción de carbón e de aceiro. E na que tamén se exporía a idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcebible a guerra entre nacións do mesmo continente.

A CECA (formada na súa orixe por Francia, Alemaña Occidental, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo) foi a primeira dunha serie de institucións supranacionais que se convertirían no que hoxe é a Union Europea

O alumnado da materia de Economía veu realizando un interesante traballo sobre o proceso de configuración da UE e as súas institucións.

É o desexo de todos e todas que a idea de Schuman de ver unha Europa sen enfrontamentos nin guerras se faga canto antes unha realidade.