BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

11/2/22

COMO ELABORAR UN CURRÍCULO E AFRONTAR UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

 Charla informativa organizada polo departamento de Informática de Oficina. Asistiu o alumnado de FPBÁSICA  e CICLO SUPERIOR DE QUÍMICA INDUSTRIAL. Estratexias para afrontar unha entrevista de traballo, como xestionar a linguaxe oral e corporal. O valor da autoestima persoal e o control das emocións ao longo da nosa vida académica e mesmo persoal.







4/2/22

OS PREXUÍZOS EN XERAL E OS LINGÜÍSTICOS EN PARTICULAR. ENCONTRO CO ESCRITOR MANUEL NÚÑEZ SINGALA. ORGANIZADO POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜISTICA.

 Contamos na nosa biblioteca coa presenza do escritor Manuel Núñez Singala. Primeiro mantivo un encontro co alumnado de 2ª de Bacharelato para tratar cuestións  relacionadas cos prexuízos en xeral e os  lingüísticos en particular.

A continuación faloulle ao alumnado de 1º de ESO do seu libro "Atranco nun banco" tralo traballo previo na aula deste libro. Curiosidades, preguntas, sinatura de exemplares. Velaquí unhas imaxes.

https://www.facebook.com/photo/?fbid=5115680731787158&set=pcb.5115683601786871















21/12/21

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL.

 Estes días chegaron á biblioteca novos libros que vos poden servir de referencia para as vosas lecturas.

O equipo de biblioteca aconséllavos que leades moito este Nadal e que regaledes libros.






CONTA NOVE ESTRELAS DE ANDREA MACEIRA E A BALADA DOS UNICORNIOS DE LEDICIA COSTA.. TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE PRIMEIRO DE ESO.

Ademais de ler os libros, traballamos o seu contido: personaxes, espazo, tempo, etc. Informámonos sobre os seus autores e  autoras. Como resultado temos fermosos e elaborados traballos coma estes realizados polo noso alumnado de 1º de ESO.







CERTAME DE TARXETAS DE NADAL. ENTREGA DE PREMIOS.

Entre os moitos participantes no concurso de tarxetas de Nadal, estas foron as que escollemos como as tres mellores. Fixemos entrega dos premios na biblioteca. Parabéns aos premiados e grazas a todos e todas pola particpación.