O Departamento de Tecnoloxía organizou hoxe a charla "Wifi, chocolate e buratos negros", impartida por Felipe Gómez Cuba, enxeñeiro de Telecomunicacións, orientada para o alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato.
Explicounos que os buratos negros son zonas onde a gravidade é tan extrema que nin a luz pode escapar, e por iso é tan difícil fotografalos: só podemos captar a luz deformada da materia que xira ao seu redor, usando telescopios sincronizados por todo o mundo.
Faloumos tamén da transmisión da enerxía e da información a través das ondas electromagnéticas, a base do wifi, da radio e mesmo da luz.
E rematamos cun experimento curioso: usar unha lata de chocolate en po para fabricar unha pequena antena direccional que concentra o sinal wifi nunha dirección, demostrando de forma práctica como funcionan as antenas.
Unha charla que espertou curiosidade e mostrou que a física está máis perto do que parece!


