Un estereotipo de xénero é unha visión xeneralizada ou unha idea preconcibida sobre os atributos ou as características, ou os papeis que posúen ou deberían posuír ou desempeñar as mulleres ou os homes.
Ante a necesidade de abordar unha educación sen estereotipos de xénero, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia crearon o programa formativo "Que non te líen, ti elixes" para o alumnado de 4° e 3° de ESO.
Este programa ten como obxectivo principal favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de FP con menor presenza de mulleres.