Os alumnos e alumnas de Educación Plástica de 4º ESO abordaron esta temática e elaboraron uns carteis valéndose dunha aplicación de fotografía, o resultado son uns impactantes pósters que nos invitan a tomar conciencia desta lacra social que padecemos. Expoñémolos no taboleiro da entrada xunto con algunhas publicacións que tratan sobre diversos temas como, a igualdade, as relacións de parella, o papel da muller noutras épocas, o feminismo ou mulleres destacadas en distintos ámbitos e que serven de referente as xeracións vindeiras.