BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

20/2/24

Entrega de premios aos gañadores do II Concurso de oratoria

 O pasado 8 de febreiro, xoves, tivo lugar o concurso de oratoria. O xurado estaba composto por un profesor e unha profesora de Lingua e literatura española e dúas alumnas de 3º ESO. Os participantes fixeron as súas presentacións acerca dos temas propostos e os gañadores foron:

- Daniel Otero, de 2º ESO, na categoría 1 e 

- Carlos Otero, de 1º CSQuímica, na categoría 2

Hoxe  entregamos os premios aos dous gañadores, así como un pequeno agasallo a todos e todas as participantes agradecendo o seu esforzo e interese na preparación desta actividade.