BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

29/2/24

Charla LGTBI organizada pola ANPA

Cristina Palacios da asociación ARELAS achegouse o pasado 23 de febreiro para impartir unha charla ao alumnado de 3° de ESO e 2° de FPBásica.

"Diversidade afectivo- sexual e familiar. Coñecer para acompañar" é o título baixo o que esta traballadora social comenta realidade, conceptos, dereitos e vicencias de moitas persoas LGTBI e fai reflexionar sobre a LGTBIfobia social tratando de previla e combatela.