Manual do bo paseante,
subtitulado "Descrición en vinte puntos" do escritor catalán Raimon Juventeny,
traducido por Xosé Ballesteros e publicado por Factoría K
Un
libro que ha de relacionarse co movemento slow, porque é
Carl Honoré, un dos teóricos desta filosofía e autor do libro Eloxio da
lentitude quen o prologa pero tamén porque se presenta como "unha
panorámica do devandito movemento aplicado a algo tan próximo e familiar como é
o paseo, operativa tanto para recuperar ese pracer no caso que se teña perdido
como para convencer, a quen non o practica, dos seus inestimables
beneficios.
Unha
proposta articulada en vinte secuencias que ofrece unha sinxela
terapia para combater présas e urxencias, se cadra para ver as cousas dun xeito
diferente, e ofrecida nun soporte ben atractivo para todas as idades."
Este
tempo aínda é unha boa época para a práctica, así que leamos para camiñar.