Será que necesitamos que outros lean e valoren a nosa literatura para crer que realmente ten calidade?
Pois ben, unha nova demostración para
descridos!
Títulos como Dragal, O pintor con sombreiro de malvas, Aire negro, A pomba e o degolado...
aparecen nos fondos desta editora. Pódese entrar e ler ata un capítulo en
inglés.
É o mercado libre, sen subvencións
nin trato de favor, sen discriminación positiva; o mercado en estado puro.
Jonathan Dunne é o responsable deste reto e forma
parte dese grupo de estranxeiros que defenden o noso, moitas veces a pesar de
nós mesmos.