TRABALLO LINGUA GALEGA
Os soños cobran vida na biblioteca
Esta semana a nosa biblioteca encheuse de creatividade, grazas ao alumnado de 4º, que presentou os seus traballos arredor da obra Os soños na gaiola, unha das lecturas máis emblemáticas da literatura galega.
Dentro da materia de Lingua Galega, os rapaces e rapazas achegáronse ao universo poético de Manuel María. Os traballos presentados amosan non só a comprensión da obra, senón tamén a capacidade do alumnado para interpretar os poemas, expresar emocións e reflexionar sobre temas como a liberdade, a infancia, a natureza ou a identidade galega.
Desde a biblioteca queremos felicitar ao alumnado polo seu esforzo, así como agradecer ao departamento de Lingua Galega a súa implicación na promoción da lectura e da literatura galega entre os máis novos.


