Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO participou en "A enerxía en xogo", un taller interactivo da Fundación Naturgy, organizado polo Departamento de Tecnoloxía. Durante dúas sesións intensas na biblioteca, aprenderon xogando sobre eficiencia enerxética, sustentabilidade e toma de decisións responsables.
Foi unha experiencia divertida e educativa, na que o alumnado traballou en equipo, investigou e reflexionou sobre o futuro enerxético do noso planeta.





