Hoxe visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para realizar co alumnado de 3° da ESO un taller co obxectivo de sensibilizar sobre o uso responsable de Internet e redes sociais, así como da importancia de manter unha pegada dixital segura e positiva.
O contido deste taller centrouse en:
- Comprender que é a pegada dixital e como se forma.
- Identificar risco asociados á sobreexposición de datos persoais.
- Aprender a configurar a seguridade e privacidade nas redes sociais como WhatsApp, Instagram, TikTok, BeReal,..
- Fomentar prácticas seguras e responsables do uso das TIC.
Agardamos que esta charla nos axude a navegar en rede con máis criterio, seguridade e responsabilidade.


