BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

27/3/25

II Concurso de oratoria

II Concurso de oratoria organizado polo Departamento de Lingua e Literatura española.

O alumnado participante neste concurso, este ano animáronse alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º ESO, presentaron as súas exposicións, de duración entre 3 e 5 minutos, que versaban sobre os temas propostos na convocatoria. Recordamos que había dúas categorías e dous temas a elixir en cada unha delas:

A: a) La DANA en Valencia: ¿consecuencia del cambio climático?

     b) El papel de los migrantes en el futuro de Europa.

B: a) La respuesta de la comunidad internacional al conflicto de Gaza.

    b) El papel del consentimiento en las relaciones afectivo-sexuales. (todos elixiron este tema nesta categoría).

O xurado estaba composto polos dous docentes de Lingua española e por dúas alumnas de 1º Bacharelato.

Os nosos parabéns a todos os participantes e o agradecemento aos membros do xurado.

Noraboa aos dous gañadores:

Na categoría A, Daniel Otero Gallego e na categoría B, Clara Paz Méndez.