BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

26/9/24

Formación de usuarios e usuarias e entrega de carnets-1ºESO B

Recibimos ao alumnado de 1º ESO-B na biblioteca para explicarlles acerca do funcionamento e xestión deste espazo así como as normas. Despois de terlles descrito a clasificación do material segundo a CDU, realizamos un exercicio práctico de localización de distinto material na sala. Finalmente, aproveitamos a ocasión para entregarlles os carnets de socios e socias.