BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

5/12/23

Charla prevención de lesións medulares COGAMI

 O alumnado de FPBásica e 3° de ESO recibiu unha charla sobre lesións medulares impartida pola asociación COGAMI.

Durante a charla indicaron a misión, visión e valores desta entidade que ten como propósito principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade.

Explicaron os diferentes tipos de discapacidade e tamén proporcionaron ferramentas para a prevención das lesións medulares.

Ademais escoitaron o testemuño dunha persoa afectada por unha lesión medular.