BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

17/9/23

Novos carnés da Biblioteca 1º ESO A



Hoxe na hora de titoría o alumnado de 1º ESO A coñeceu de cerca a nosa biblioteca. Alí explicámoslles o funcionamento da biblioteca co seu horario de atención e normas de uso, amosámoslles material do que dispoñemos, as tarefas que se poden realizar e cando e como se fan os préstamos e as devolucións. 

Aproveitamos esta ocasión para describir máis detalladamente a clasificación do material e a organización atendendo á CDU. Ademais, fixemos unha actividade de búsqueda de títulos para que se familiarizaran mellor con este sistema. Ao final entregámoslles os carnés de socios e socias.