BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

24/4/23

Charla GenTech - DigiTalent

A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de BAC participou na actividade GenTech - DigiTalent. Esta actividade está centrada na presentación de proxectos de base tecnolóxica que permite coñecer as opcións profesionais e a realidade do sector TIC.

O seu obxectivo principal é fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM e achegar aos centros as oportunidades laborais no sector tecnolóxico.

Para esta actividade contamos coa participación dun profesional que pretence á empresa Altia que expuxo en primeira persoa a súa experiencia  desde unha perspectiva real.