Dentro
das actividades que estamos a desenvolver polo Día da Muller, hoxe
tivemos a sorte de contar coa visita de tres grandes xogadoras do
CD Burela FS. Visitárnnos Cilene Pereira, Irene Samper e Emilly Micaela
Marcondes. O alumnado escoitou as experiencias deportivas vistas desde
un punto de vista feminino das xogadoras que visitaron o centro.
Tratáronse temas como a discriminación, diferenzas entre o deporte
masculino e feminino,... e cada xogadora relatou anécdotas de casos
concretos que sufriran ao longo da súa carreira deportiva. Así mesmo,
tamén se trataron temas deportivos e da vida social para concienciar ao
alumnado do alto esforzo que require ser deportista de elite.