PICA NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.
Letras
Galegas 2018. O alumnado de 1º e 2º de ESO, acompañado de alumnos
e alumnas dos institutos de Burela asistiu á representación teatral
dunha obra de teatro inspirada no libro “Leonardo e os fontaneiros”
de María Victoria Moreno, autora homenaxeada con motivo da
celebración do Día das Letras Galegas 2018. Unha experiencia
agradable e interesante segundo a opinión dos asistentes.
Proximamente, o alumnado de 3º e 4º e 1º Bacharelato asistirá en
Viveiro á representación doutra das obras da mesma autora
“Anagnórise”, será o 15 de maio.