BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

3/2/12

BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CHARLES DICKENS ( 1912-2012)



O 7 de febreiro de 2012 celébrase o bicentenario do nacemento de Dickens. 2012 será o Ano Dickens, con conmemoracións en todo o mundo. Dickens consolida así a súa fama de escritor universal, cuxa literatura traspasa séculos e fronteiras. O seu enxeño cómico, a súa capacidade fabuladora, o seu irrepetible talento para a creación de personaxes son aínda unha referencia e un motivo de emulación para moitos novelistas.