BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

28/11/11

FORMACIÓN DOCUMENTAL. A SEGURIDADE NA INTERNET E NAS REDES SOCIAIS.

O pasado 25 de novembro o alumnado de 2º de bacharelato asistiu a unha charla informativa impartida polo orientador Emilio González Legaspi sobre a seguridade e os problemas das redes sociais. É esta unha actividade que trata de abrir un debate e reflexión sobre o uso que debemos facer destes instrumentos de relación humana cada vez máis extendidos na nosa sociedade.Achegamos unha presentación cos contidos básicos desta charla e dous vídeos informativos sobre este tema.