BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

25/9/11

DICIONARIOS.

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA.


http://ilg.usc.es/pronuncia/







O Dicionario de pronuncia da lingua galegaxa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios eusuarias de internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística contribuíu árealización desta ferramenta en liña que propón un modelo de pronunciaestándar para o galego. Este novo recurso baséase na información fonética doDicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira,publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxectodesenvolvido polo Instituto da Lingua Galega.
Ademais da transcrición fonética que se ofrece nesta publicación, a versiónelectrónica do dicionario permite escoitar 60.000 pronuncias do léxico comúngalego na súa variedade estándar, que foron gravadas coa colaboración daCompañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG).
Os obxectivos prioritarios deste novo dicionario en liña, accesible no sitio webhttp://ilg.usc.es/pronuncia, son facilitarlles a aprendizaxe ás persoas queestudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e deconsulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso dexornalistas, dobradores, profesorado etc. Para isto, conta cun buscador noque poden introducirse palabras ou cadeas de caracteres. A páxina de resultados presenta a forma, a categoría gramatical,a transcrición e o arquivo de voz.
Este recurso tamén busca contribuír á normalización da lingua galega, á calidade e ao seu prestixio, en canto que difundeun modelo de pronuncia estándar para o idioma, útil sobre todo para o seu uso nos medios orais de comunicación e noutrosámbitos de difusión do galego.
Nova versión do corrector lingüístico galego
Ademais de promover a realización dicionario de pronuncia en liña, a Secretaría Xeral de Política Lingüística está apromover e a apoiar outros recursos tecnolóxicos que tamén contribúen á calidade da lingua e ao seu prestixio social, e quelle ofrecen á cidadanía novas oportunidades para sentirse máis segura traballando e comunicándose en galego. É o caso danova versión do corrector lingüístico Galgo, da empresa Imaxín Software, que estará dispoñible proximamente. Esta novaversión implementarase nas aplicacións ofimáticas Office 2003, 2007, 2010 e, por primeira vez no contorno de Apple,tamén no Word para Mac.