BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

9/5/25

Entrega de premios. III Torneo de xadrez

 

Entrega de premios aos gañadores do campionato de xadrez e un pequeno agasallo a todos os participantes. Amosamos imaxes de distintos días do torneo, así como do día da entrega de premios.

Agradecemos a todos a súa participación e os nosos parabéns aos gañadores:

1º premio- Enzo Juárez Expósito

2º premio- Iker Teixeira Amate

3º premio- Carlos Burgos Ocaña

4º premio- Víctor M. García Rodríguez












 

23/4/25

Charla Grao en Terapia Ocupacional

Onte achegáronse ao centro Lucía e María, dúas exalumas que están a estudar Terapia Ocupacional na UDC.

Faláronlles ao alumnado de 4° de ESO e tamén ao de 1° de BAC das posibilidades que lles ofrece esta carreira e tamén aportaron anécdotas sobre a súa experiencia persoal: materias, prácticas etc.








4/4/25

III Torneo de xadrez

 

Demos comezo ao campionato de xadrez deste curso, hai doce alumnos anotados de diferentes cursos (1º, 2º e 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato e 1º FP.B.). Creáronse dous grupos de 6 xogadores que terán que xogar 5 partidas, os dous que obteñan maior puntuación de cada grupo xogarán entre eles e así teremos os finalistas: 1º, 2º, 3º e 4º. Tras a finalización de cada sesión, anotaremos os resultados nun panel, visible para tdos os visitantes á biblioteca.


 


27/3/25

III Concurso de oratoria

III Concurso de oratoria organizado polo Departamento de Lingua e Literatura española.

Este ano animáronse alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º ESO, presentaron as súas exposicións, de duración entre 3 e 5 minutos, que versaban sobre os temas propostos na convocatoria. Recordamos que había dúas categorías e dous temas a elixir en cada unha delas:

A: a) La DANA en Valencia: ¿consecuencia del cambio climático?

     b) El papel de los migrantes en el futuro de Europa.

B: a) La respuesta de la comunidad internacional al conflicto de Gaza.

    b) El papel del consentimiento en las relaciones afectivo-sexuales. (todos elixiron este tema nesta categoría).

O xurado estaba composto polos dous docentes de Lingua española e por dúas alumnas de 1º Bacharelato.

Os nosos parabéns a todos os participantes e o agradecemento aos membros do xurado.

En hora boa aos dous gañadores:

Na categoría A, Daniel Otero Gallego e na categoría B, Clara Paz Méndez.















 

19/3/25

Charla "Atranco nun banco" Núñez Singala

Manuel Núñez Singala mantivo un encontro co alumnado de 1º de ESO con motivo da lectura do seu libro “Atranco nun banco”. Na sesión participaron os dous grupos.














Charla Núéz Singala sobre prexuízos lingüísticos

Onte o alumnado de 1° e 2º de Bacharelato participou nunha charla sobre os prexuízos en xeral e os prexuízos lingüísticos en particular impartida por Manuel Núñez Singala.






11/3/25

Entrega de premios do concurso-cuestionario sobre o entroido

 

Agradecemos a todos os participantes o interese amosado pola actividade e facémoslles entrega duns vales para a cafetería do instituto canxeables por unha merenda. 

 







7/3/25

Día internacional da muller

Con motivo do día internacional da muller, 8 de marzo, o alumnado de Educación plástica de 4º ESO elaborou un cartel conmemorativo desta data e recolleu nun conxunto de caligramas unhas mensaxes relacionadas con esta temática.

Expoñemos todo no taboleiro da entrada acompañado dunha selección de libros que tratan sobre feminismo ou sobre mulleres destacadas en distintos eidos.