BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

17/10/23

Charla orientación laboral

Hoxe o alumnado de FPBásica e 4° de ESO recibiu unha charla sobre orientación laboral impartida por Natalia González Piñeiro.
Durante esta primeira sesión foron informados/as sobre os tipos de Curriculum Vitae, o que é a Marca persoal, os erros nun CV e finalmente realizaron unha actividade grupal.



















6/10/23

Premio Nobel de Literatura 2023

 O autor noruego Jon Fosse resultou o gañador do Premio Nobel de Literatura do ano 2023. Elaboramos un pequeno panel con información sobre a súa traxectoria e destacamos un fragmento dunha obra súa para dar a coñecer o seu estilo literario.





3/10/23

Novidades editoriais

 No expositor da entrada colocamos algunhas novidades editoriais. Animádevos a coñecelas e levade algunha en préstamo!



27/9/23

Premio Nacional de Poesía

 Expoñemos a noticia publicada en prensa da última galardonada co Premio Nacional de Poesía, a poeta galega Yolanda Castaño. Acompañamos o taboleiro dalgún libro publicado pola autora.



23/9/23

20/9/23

Novos carnés da biblioteca 1º ESO B

Hoxe tocoulle o turno de visitar a biblioteca ao alumnado de 1º de ESO B na hora de titoría. Xa teñen os carnes de novos e novas socias.

Deixámosvos algunhas fotos.
















18/9/23

17/9/23

Novos carnés da Biblioteca 1º ESO A



Hoxe na hora de titoría o alumnado de 1º ESO A coñeceu de cerca a nosa biblioteca. Alí explicámoslles o funcionamento da biblioteca co seu horario de atención e normas de uso, amosámoslles material do que dispoñemos, as tarefas que se poden realizar e cando e como se fan os préstamos e as devolucións. 

Aproveitamos esta ocasión para describir máis detalladamente a clasificación do material e a organización atendendo á CDU. Ademais, fixemos unha actividade de búsqueda de títulos para que se familiarizaran mellor con este sistema. Ao final entregámoslles os carnés de socios e socias.


                                                                              
  
                                               
                                                                                


13/6/23

Charlas PLAN DIRECTOR: Adiccións e Sexting

Este luns 12 de xuño tivemos a sorte de contar unha vez máis con Ramón Peña da Comandancia da Garda Civil de Lugo que veu impartir unhas charlas ao alumnado do noso centro dentro do Plan Director.

O alumnado de 3° e 4° de ESO recibiu formación sobre as adiccións con substancia. Falaron sobre drogas socialmente aceptadas como o alcol e tabaco e os efectos nocivos que producen no noso corpo mais tamén tiveron tempo para falar doutras substancias nocivas.

.
 







Posteriormente o alumnado de 2° de ESO tivo unha charla sobre a difusión de contidos de natureza sexual por medio de teléfonos móbiles ou redes sociais o que popularmente se coñece mediante o anglicismo "sexting".
 

Mediante este encontro preténdese sensibilizar e orientar sobre comportamento que poden derivar en accións delictivas.

Tamén é importante facilitarlles ferramentas para evitar converterse en vítimas e por último, inculcarlles a necesidade de comunicar ou solicitar axuda se fose necesario

6/6/23

Charla CUALE

Hoxe achegáronse ata o centro os profesores Bernardo Penabade e Vanesa Vila Verde para falar co alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC do programa CUALE de portugués, unha formación complementaria en portugués do alumnado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas.





 

Recomendacións literarias para o verán

Desde a biblioteca do IES Marqués de Sargadelos realizamos as seguintes recomendacións de lecturas para este verán. 

Visitade a pequena exposición que hai á entrada da biblioteca e pasade o verán lendo e desfrutando de novas historias.