Con motivo da conmemoración do día de Rosalía o 23 de febreiro, o alumnado de Lingua e Literatura galega de 2º ESO preparou a lectura dunha serie de poemas da autora para despois seren recitados na biblioteca. Con este tipo de actividades, ademáis de promover o gusto pola lectura e o coñecemento da producción literaria da autora, intentamos que os estudantes se habitúen a dirixirse ao público, que gañen confianza en sí mesmos e que sexan capacer de ler en voz alta utilizando unha entoación e dicción correctas.