BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

24/1/23

Charla "Todo está conectado: as pegadas ambientais da actividade industrial"

O pasado xoves 19 de xaneiro a profesora da USC Almudena Hospido Quintana realizou unha conferencia telemática sobre as pegadas ambientais da actividade industrial para o alumnado de 1º e 2º de Ciclos Formativos de Química Industrial.

Tratáronse temas como que a pegada de carbono mide as emisións totais de gases de efecto invernadoiro ao longo do ciclo de vida dun produto, expresadas en unidades de CO2 equivalente. A pegada hídrica mide os posibles impactos ambientais relacionados co uso da auga. A través dun caso de estudo realizado en colaboración cunha conserveira galega, presentáronse ambos os indicadores e o seus respectivos procedementos de cálculo e normas ISO que os regulan. Ademais visibilizaron a vinculación de ambas as pegadas e a súa implicación na toma de decisións relativa á escolla da localización máis axeitada para proxectos de forestación (como exemplo de acción de mitigación dos efectos do cambio climático).

Deixámosvos algunhas fotos do momento.