Conmemoramos na biblioteca o “Día das rapazas nas TIC” “Girls in
ICT Day 2017”. Iniciativa do CESGA, USC, WOMEN EMPRENDE,fic, XUNTA DE
GALICIA. Trátase de promover e apoiar ás
rapazas para que consideren carreiras no eido das tecnoloxías da información e
a comunicación. É un acto que pretende dar visibilidade ao colectivo de
mulleres emprendendoras no eido das TIC, así como ofrecer un espazo de
intercambio e comunicación entre elas e as rapazas e rapaces dos institutos de
secundaria de Galicia. O noso alumnado
de 3º e 4º de ESO asistiu na biblioteca a unha multiconfernecia sobre este tema
o día 27 de abril protagonizada por 4 mulleres que destacan en Galicia nestes
campos: Alba Alonso, nieves Brisaboa, Carmen Cotelo Queijo e María Jesús
Taboada.