BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

2/6/25

Diario de lectura: Caperucita en Manhattan

O alumnado de Lingua e Literatura española de 3º ESO elaborou uns diarios de lectura a partir do libro de Carmen Martín Gaite, Caperucita en Manhattan. Con esta actividade, de carácter máis creativo ou artístico, preténdese que os/as estudantes se sintan motivados e implicados na comprensión e deleite desta novela. Amosamos estes diarios para que todos os visitantes poidan coñecelos e así ver outras posibilidades de somerxirnos nunha lectura.






 

30/5/25

O noso kit de supevivencia para o verán

 

Unha morea de títulos suxerentes que poderemos ler entre chapuzón e chapuzón desfrutando do merecido descanso. Animamos a todos os visitantes a curiosear nese escenario e a seleccionar algunha desas propostas ou outras para relaxarse no verán.





 

26/5/25

Caligramas do alumnado de Lingua e literatura española de 4º ESO

Coa primavera afloran as emocións e, ás veces, fanse máis intensas e, polo tanto, visibles. Algúns alumnos e alumnas de 4º ESO compuxeron uns poéticos caligramas que amosamos no taboleiro.

 


 

22/5/25

Charla Iniciación segura á pegada dixital

Onte visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para realizar co alumnado de 3° da ESO un taller sobre a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os/as menores.

Nesta dinámica dunha hora e media de duración tratouse de reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfiles nas redes, explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital. Ademais profundizouse na configuración das opcións de seguridade e privacidade e ofrecéronselles ferramentas e recursos aos que poden acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.





14/5/25

Letras galegas 2025. Cantareiras.

 

Amosamos carteis na entrada e no expositor dentro da biblioteca homenaxeando ás protagonistas desta conmemoración. Adquirimos varios libros relacionados con esta temática que colocamos baixo o cartel para captar a atención dos visitantes. Agradecemos a colaboración do alumnado de Educación plástica de 4º ESO e do departamento de galego.










 


9/5/25

Entrega de premios. III Torneo de xadrez

 

Entrega de premios aos gañadores do campionato de xadrez e un pequeno agasallo a todos os participantes. Amosamos imaxes de distintos días do torneo, así como do día da entrega de premios.

Agradecemos a todos a súa participación e os nosos parabéns aos gañadores:

1º premio- Enzo Juárez Expósito

2º premio- Iker Teixeira Amate

3º premio- Carlos Burgos Ocaña

4º premio- Víctor M. García Rodríguez












 

23/4/25

Charla Grao en Terapia Ocupacional

Onte achegáronse ao centro Lucía e María, dúas exalumas que están a estudar Terapia Ocupacional na UDC.

Faláronlles ao alumnado de 4° de ESO e tamén ao de 1° de BAC das posibilidades que lles ofrece esta carreira e tamén aportaron anécdotas sobre a súa experiencia persoal: materias, prácticas etc.








4/4/25

III Torneo de xadrez

 

Demos comezo ao campionato de xadrez deste curso, hai doce alumnos anotados de diferentes cursos (1º, 2º e 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato e 1º FP.B.). Creáronse dous grupos de 6 xogadores que terán que xogar 5 partidas, os dous que obteñan maior puntuación de cada grupo xogarán entre eles e así teremos os finalistas: 1º, 2º, 3º e 4º. Tras a finalización de cada sesión, anotaremos os resultados nun panel, visible para tdos os visitantes á biblioteca.


 


27/3/25

III Concurso de oratoria

III Concurso de oratoria organizado polo Departamento de Lingua e Literatura española.

Este ano animáronse alumnos e alumnas de 2º, 3º e 4º ESO, presentaron as súas exposicións, de duración entre 3 e 5 minutos, que versaban sobre os temas propostos na convocatoria. Recordamos que había dúas categorías e dous temas a elixir en cada unha delas:

A: a) La DANA en Valencia: ¿consecuencia del cambio climático?

     b) El papel de los migrantes en el futuro de Europa.

B: a) La respuesta de la comunidad internacional al conflicto de Gaza.

    b) El papel del consentimiento en las relaciones afectivo-sexuales. (todos elixiron este tema nesta categoría).

O xurado estaba composto polos dous docentes de Lingua española e por dúas alumnas de 1º Bacharelato.

Os nosos parabéns a todos os participantes e o agradecemento aos membros do xurado.

En hora boa aos dous gañadores:

Na categoría A, Daniel Otero Gallego e na categoría B, Clara Paz Méndez.