Onte o alumnado de 4°e 2° de ESO participaron nun obradoiro sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.
Nel abordaron a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores para potenciar as competencias tecnolóxicas, o seu emprego como fonte de información para adquirir novos coñecementos con espírito crítico, sempre desde unha perspectiva de reflexión ética sobre o seu funcionamento e utilización.
O obradoiro foi impartido por Manuel Rivas, integrante da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).