BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

26/5/23

O Sexismo na comunicación

 

O pasado martes tivemos a sorte de contar no centro coa Decana da Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). Emma Tore-Romany impartiu unha charla sobre " O Sexismo na Comunicación publicitaria e audiovisual".

A través de diversos anuncios publicitarios fíxose un pequeno resumo do papel da muller ao longo da historia do audiovisual. De exemplos máis explícitos chegamos a un momento onde é case imperceptible pasa o/a espectador/a percibir o sexismo baseado principalmente en roles de xénero e estereotipos que tamén afecta á imaxe masculina.