BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

31/1/25

Charla Trastorno Dismórfico Corporal

 O alumnado de 3° de ESO recibiu a visita de dúas psicólogas: Lucía Fernández Riesco e Belén Vázquez Rodríguez que se achegaron ao centro para falarlles da enfermidade coñecida como Trastorno dismórfico corporal.

Esta actividade foi organizada pola ANPA do centro.









23/1/25

Lecturas de inverno

Animamos aos visitantes da biblioteca a que se deixen abrigar por lecturas do seu agrado neste inverno. Ofrecemos un pouco de todo: novela, poesía, relatos, ensaio, divulgación etc.



22/1/25

Charla EduReferentes 2025

Onte o alumnado de 4° de ESO recibiu a visitas de referentes femininas baixo o programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia.

Nestes encontros as referentes comparten as súas experiencias cos alumnos e alumnas interactuando con eles/elas e respondendo a cuestións que lles expoñan en relación ás súas carreiras profesionais. Este programa nace da necesidade de contar con referentes femininos que sirvan como exemplos para as xeracións novas na súa actividade profesional, para que se dea visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas que son referentes nos seus respectivos sectores.




21/1/25

"Todo o tempo do mundo", exposición de traballos do alumnado de 2º ESO

Exposición de traballos, agora do alumnado de 2º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Gústanos compartir cos usuarios da biblioteca as tarefas desenvolvidas relacionadas coa lectura en algún grupos e así incentivar o gusto pola lectura e bo traballo.


 

16/1/25

Charla Forzas Armadas

O 15 de xaneiro o alumnado de 4° de ESO e 1° de FPBásica recibiu unha charla formativa sobre as Forzas Armadas.

Foron informados/as da estrutura xeral e das diferentes posibilidades de acceso á carreira militar nas tres escalas: Oficiais, Suboficiais e Tropa e Marinería, así como dos requisitos: estudos, nota de corte, tipo de probas (test psicotécnico, proba física...). Ademais estiveron conversando sobre a duración dos estudos a equiparación das carreiras, os destinos posibles e o soldo de cada un.







14/1/25

Exposición de traballos de literatura galega do alumnado de 1º ESO

Exposición de traballos do alumnado de 1º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo.

Cando se trata de fomentar o gusto e interese pola lectura, pedirlles aos estudantes que elaboren traballos sobre os mesmos, incluíndo tamén as súas opinións e engadindo algunha ilustración, contribúe a que leven a cabo esta tarefa con maior agrado.




 

13/1/25

Cartel de Bibliotecas escolares 2025

Colocación do cartel de Bibliotecas escolares para este ano. Con éste, xa son cinco os que temos expostos de modo permanente na nosa biblioteca contribuíndo así a que este espazo sexa máis acolledor e atractivo. Este curso a mensaxe incluída é: Biblioteca escolar, a escena!



 


20/12/24

Entrega de premios do concurso de tarxetas do nadal

Entrega de premios ás gañadoras do concurso de postais de Nadal. Concedéronse tres premios e tres accésits. Parabéns a todas!

1º premio: Antía Fernández Martínez (4º ESO)

2º premio: Celia Díaz Aguirre (3º ESO)
 
3º premio: Ainara Burgos Ocaña (1º ESO)


Accésits: Ruth Carpintero Báñez (3º ESO); Ángela Jiang (3º ESO) e Noa Jordá Dos Santos (4º ESO)





O futuro laboral na Mariña

A Federación de Comercio da Mariña achegouse ao centro para falar do futuro laboral da Mariña con todo o alumnado de Formación profesional.




 

16/12/24

Experiencia emprendedora na Mariña

O pasado 12 de decembro recibimos a visita de Andrea González Río, emprendedora mariñá, que veu falarnos da súa experiencia dentro das charlas que se desenvolveron grazas ao programa Aulas de Emprendemento.













13/12/24

Feliz 2025

Presentamos a decoración navideña da biblioteca para desexar un feliz 2025 acompañado de moita lectura. Así, animamos aos visitantes a que boten unha ollada a algúns dos novos títulos adquiridos recentemente.



6/12/24

Charla PAU e acceso á universidade

 O alumnado de 2° de BAC recibiu a visita de Javier González, profesor da USC que veu impartir unha charla sobre as Probas PAU (on moitas novidades este ano) e tamén lles proporcionou información sobre o acceso á universidade.

Agradecemos, un ano máis a súa visita para resolver as dúbidas do alumnado.






2/12/24

25 N

Con motivo da conmemoración do 25 N, Día da Eliminación da Violencia contra a Muller o alumnado de Oratoria de 3º de ESO realizou unha representación na Biblioteca do centro baseada na obra Invisible de Aizpea Goenaga. 

O contexto é o seguinte: unha muller acaba de ser maltratada fisicamente polo seu marido. Na obra interveñen varias voces como a nai que insiste en que volva coa parella ou unha amiga, que lle dá ánimos para que continúe coa denuncia.

Deixámosvos aquí a obra completa:

28/11/24

Obradoiros da actividade Aula de emprendemento

 Obradoiros realizados o pasado trimestre por @pildorasdigitales.espara a formación de Aulas de Emprendemento.

"A torre máis alta do mundo", "A Jenga", " Dinámicas para traballar a persistencia, a frustración e a actitude" e por último un "Escape Room de habilidades".

O alumnado traballou habilidades como a empatía, o traballo en equipo, a capacidade de reacción, a priorización de criterios etc.