BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

24/11/22

Concurso tarxetas de Nadal 2022

 Presentámosvos o novo cartel do Concurso de tarxetas de Nadal para este curso.

 


Todo o alumnado da ESO pode participar e premiaranse os tres mellores traballos. A data límite é o 9 de decembro.

4/11/22

A nosa biblioteca vista e descrita polo alumnado

Este traballo foi realizado polo alumnado de 1º da ESO na clase de Lingua galega e literatura. Con esta exposición á entrada da biblioteca animamos a toda a comunidade a entrar e desfrutar dela.

 

Deixamos por aquí as fotos dos traballos:








 

 

 

 





 

 








27/10/22

Concurso Samaín



Para celebrar a festa do Samaín 2022, a biblioteca do centro preparou un concurso que consiste en cubrir un cuestionario de 12 preguntas de respostas curtas e tipo test. Estase a celebrar desde o 25 de outubro e rematará o 2 de novembro.

Para poder resolver as preguntas, o alumnado participante terá que consultar os libros dispostos nunha mesa. Cada unha das preguntas fai referencia a un libro (antes de cada pregunta xa se indica entre paréntese a cal deles se refire).
 
Os alumnos e alumnas deberán obter un 100% de respostas acertadas para poder acadar o premio que se entregará o 1º recreo do venres 4 de novembro. 

Deixamos por aquí algunhas fotos dos concursante.






20/10/22

Chegan as Mochilas Viaxeiras á nosa biblioteca

 

O alumnado de 1º da ESO está a participar no Proxecto da biblioteca, Mochilas viaixeiras.

Retomamos esta actividade para os alumnos e alumnas deste curso. As mochilas conteñen material variado: divulgativo, de ficción, unha película... e irán rotando cada 15 días para que todas as familias desfruten dese material.

Animamos ás familias a participar e a que nos acheguen os seus comentarios.

 





19/9/22

ENTREGA DE CARNÉS AOS NOVOS SOCIOS DA BIBLIOTECA (sesión formativa-informativa)

 

Nesta sesión informamos ao alumnado de 1º ESO sobre o funcionamento da biblioteca, explicámoslles como está organizado o material, como se clasifica (CDU), o horario de atención, as normas da biblioteca e entregámoslles os novos carnés. Realizamos unha actividade práctica de búsqueda de material atendendo á CDU.

















8/6/22

MULLERES HISTÓRICAS. PLANS PROXECTA: DONAS DE SI e 365 DÍAS EN IGUALDADE.

 O alumnado de 4ª de ESO, na materia de Historia veu realizando traballos sobre mulleres históricas. Actividades enmarcadas dentro dos Plans Proxecta "Donas de si"e "365 días en igualdade". Velaquí algúns dos resultados.