7/11/25
Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
Aproveitamos o día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento para facer unha mostra de posibles lecturas ao alumnado. Repartíronse diferentes citas por toda a biblioteca coas que os alumnos de 3º ESO realizarán unha serie de tarefas na hora de titoría.
Club de lectura
Hoxe botou a andar o Club de lectura "Palabras de Porcelana", coa primeira reunión na biblioteca. O alumnado interesado acudiu no primeiro recreo. Agardamos con interese as próximas reunións.
30/10/25
SAMAÍN NA BIBLIOTECA. O medo tamén se le
Para celebrar o Samaín, decoramos a nosa biblioteca e iluminámola con candeas e cabazas artísticas e orixinais feitas polo alumnado.
Nos dous recreos do xoves 30 de outubro, alumnado de diferentes cursos fixeron lecturas de relatos terroríficos á luz das candeas, dentro da actividade "O medo tamén se le".
21/10/25
Charlas PLAN DIRECTOR GARDA CIVIL
Hoxe visitounos Héctor Méndez, formador da Garda Civil para impartir tres charlas do Plan Director.
As primeiras foron dirixidas a 2º e 3º da ESO, e FP Básica, sobre a prevención dos delitos de odio, que son actos que implican discriminación, hostilidade ou violencia contra un grupo baseado en características como raza, relixión, orixe, orientación sexual ou discapacidade.
A continuación, co alumnado de 1º da ESO tratou as consecuencias que padecen as persoas que sofren o acoso escolar, xa sexa o acoso tradicional ou que se que produce facendo uso de medios tecnolóxicos. Puxo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.
Por último, impartirónse dúas charlas sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores, para alumnado de 2º e 3º da ESO e 1º FP Básica.
19/10/25
Información variada
Novidades
16 de outubro
Mostraremos de forma habitual as diferentes estreas de cine e os libros máis vendidos no taboleiro de novas.
Premio Planeta 2025
15 de otubro.
Recollemos no taboleiro de Novas artigos relativos o Premio Planeta 2025, para Juan del Val coa novela Vera, una historia de amor.
A escritora galega Ángela Banzas quedou finalista coa novela Cuando el viento hable.
13 de outubro: Día das escritoras
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
Premio Nobel de literatura 2025: László Krasznahorkai
9 outubro
Recollemos no taboleiro de Novas varios artigos sobre o novo premio Nobel de literatura.
Krasznahorkai é un autor coñecido por unha prosa densa, de longas frases, tons que combinan o melancólico, o existencial e o absurdo. A súa escritura móvese por escenarios de desolación e procura de sentido, a miúdo ao bordo do colapso social ou individual.
1/10/25
Carnés socios e socias 1º ESO
Nestas primeiras semanas o alumnado de 1º da ESO está coñecendo as instalacións do seu novo centro educativo.
11/6/25
Obradoiro "Menores nin unha gota"
O 9 de xuño o alumnado de 3° e 4° de ESO participou no taller Menores nin unha gota.
O obxectivo da campaña é informar e sensibilizar á sociedade para prever o consumo de alcol en menores de idade, tratando de retrasar a idade de inicio ao consumo e incrementando a percepción de risco que este consumo prematuro ten para a saúde e o desenvolvemento dos menores.
2/6/25
Diario de lectura: Caperucita en Manhattan
O alumnado de Lingua e Literatura española de 3º ESO elaborou uns diarios de lectura a partir do libro de Carmen Martín Gaite, Caperucita en Manhattan. Con esta actividade, de carácter máis creativo ou artístico, preténdese que os/as estudantes se sintan motivados e implicados na comprensión e deleite desta novela. Amosamos estes diarios para que todos os visitantes poidan coñecelos e así ver outras posibilidades de somerxirnos nunha lectura.
30/5/25
O noso kit de supevivencia para o verán
Unha morea de títulos suxerentes que poderemos ler entre chapuzón e chapuzón desfrutando do merecido descanso. Animamos a todos os visitantes a curiosear nese escenario e a seleccionar algunha desas propostas ou outras para relaxarse no verán.
26/5/25
Caligramas do alumnado de Lingua e literatura española de 4º ESO
Coa primavera afloran as emocións e, ás veces, fanse máis intensas e, polo tanto, visibles. Algúns alumnos e alumnas de 4º ESO compuxeron uns poéticos caligramas que amosamos no taboleiro.
22/5/25
Charla Iniciación segura á pegada dixital
Onte visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para realizar co alumnado de 3° da ESO un taller sobre a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os/as menores.
Nesta dinámica dunha hora e media de duración tratouse de reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfiles nas redes, explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital. Ademais profundizouse na configuración das opcións de seguridade e privacidade e ofrecéronselles ferramentas e recursos aos que poden acudir cando teñan algunha dúbida sobre o uso seguro da tecnoloxía.
14/5/25
Letras galegas 2025. Cantareiras.
Amosamos carteis na entrada e no expositor dentro da biblioteca homenaxeando ás protagonistas desta conmemoración. Adquirimos varios libros relacionados con esta temática que colocamos baixo o cartel para captar a atención dos visitantes. Agradecemos a colaboración do alumnado de Educación plástica de 4º ESO e do departamento de galego.



















































