BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

15/12/22

Recomendacións literarias da Biblioteca

Estas son as recomandacións que realizaron diferentes compoñentes da Comunidade Educativa e usuarios/as da Biblioteca.






 

Moitas grazas a Elsa, Olga, Raquel, Nuria, Sara, Lara, Xoel, Zeltia, Blanca, Alberte, Chus, Enzo, Óscar, Joel e Adrián por compartir connosco as súas escollas.

Tarxetas de Nadal

Como cada ano, celébrase no centro o concurso de postais de nadal. Aquí podedes ver os traballos que optan ao premio.





Os premios entregaranse o martes 20 de decembro durante o 2º recreo na biblioteca do centro. 

Moita sorte a todos/as!!

24/11/22

Concurso tarxetas de Nadal 2022

 Presentámosvos o novo cartel do Concurso de tarxetas de Nadal para este curso.

 


Todo o alumnado da ESO pode participar e premiaranse os tres mellores traballos. A data límite é o 9 de decembro.

4/11/22

A nosa biblioteca vista e descrita polo alumnado

Este traballo foi realizado polo alumnado de 1º da ESO na clase de Lingua galega e literatura. Con esta exposición á entrada da biblioteca animamos a toda a comunidade a entrar e desfrutar dela.

 

Deixamos por aquí as fotos dos traballos:








 

 

 

 





 

 








27/10/22

Concurso Samaín



Para celebrar a festa do Samaín 2022, a biblioteca do centro preparou un concurso que consiste en cubrir un cuestionario de 12 preguntas de respostas curtas e tipo test. Estase a celebrar desde o 25 de outubro e rematará o 2 de novembro.

Para poder resolver as preguntas, o alumnado participante terá que consultar os libros dispostos nunha mesa. Cada unha das preguntas fai referencia a un libro (antes de cada pregunta xa se indica entre paréntese a cal deles se refire).
 
Os alumnos e alumnas deberán obter un 100% de respostas acertadas para poder acadar o premio que se entregará o 1º recreo do venres 4 de novembro. 

Deixamos por aquí algunhas fotos dos concursante.






20/10/22

Chegan as Mochilas Viaxeiras á nosa biblioteca

 

O alumnado de 1º da ESO está a participar no Proxecto da biblioteca, Mochilas viaixeiras.

Retomamos esta actividade para os alumnos e alumnas deste curso. As mochilas conteñen material variado: divulgativo, de ficción, unha película... e irán rotando cada 15 días para que todas as familias desfruten dese material.

Animamos ás familias a participar e a que nos acheguen os seus comentarios.

 





19/9/22

ENTREGA DE CARNÉS AOS NOVOS SOCIOS DA BIBLIOTECA (sesión formativa-informativa)

 

Nesta sesión informamos ao alumnado de 1º ESO sobre o funcionamento da biblioteca, explicámoslles como está organizado o material, como se clasifica (CDU), o horario de atención, as normas da biblioteca e entregámoslles os novos carnés. Realizamos unha actividade práctica de búsqueda de material atendendo á CDU.