BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

28/11/24

Obradoiros da actividade Aula de emprendemento

 Obradoiros realizados o pasado trimestre por @pildorasdigitales.espara a formación de Aulas de Emprendemento.

"A torre máis alta do mundo", "A Jenga", " Dinámicas para traballar a persistencia, a frustración e a actitude" e por último un "Escape Room de habilidades".

O alumnado traballou habilidades como a empatía, o traballo en equipo, a capacidade de reacción, a priorización de criterios etc.
















26/11/24

Programa "Que non te líen, ti elixes"

 Un estereotipo de xénero é unha visión xeneralizada ou unha idea preconcibida sobre os atributos ou as características, ou os papeis que posúen ou deberían posuír ou desempeñar as mulleres ou os homes.

Ante a necesidade de abordar unha educación sen estereotipos de xénero, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia crearon o programa formativo "Que non te líen, ti elixes" para o alumnado de 4° e 3° de ESO.

Este programa ten como obxectivo principal favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de FP con menor presenza de mulleres.




22/11/24

25 de novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Os alumnos e alumnas de Educación Plástica de 4º ESO abordaron esta temática e elaboraron uns carteis valéndose dunha aplicación de fotografía, o resultado son uns impactantes pósters que nos invitan a tomar conciencia desta lacra social que padecemos. Expoñémolos no taboleiro da entrada xunto con algunhas publicacións que tratan sobre diversos temas como, a igualdade, as relacións de parella, o papel da muller noutras épocas, o feminismo ou mulleres destacadas en distintos ámbitos e que serven de referente as xeracións vindeiras.

 




 

18/11/24

A importancia de visitar museos

Hoxe damos a coñecer un artigo do periódico acerca da importancia de visitar os museos e os beneficios que iso reporta ao noso cerebro. Aproveitamos esta ocasión para amosar algúns libros relacionados coa arte e artistas e así fomentar e desenvolver no alumnado o interese e gusto por este campo.

Le o artigo completo aquí. La Voz de Galicia



 

14/11/24

Premio Cervantes 2024: Álvaro Pombo

Os membros do xurado do Premio Cervantes outorgaron o galardón deste ano 2024 ao escritor español Álvaro Pombo. Seleccionamos uns artigos de dous periódicos para dar a coñecer esta noticia e expoñémolos no taboleiro de Novas.

Para ler os artigos completos, pincha nos enlaces.

EL PAÍS 

La Voz de Galicia


 

Concurso de postais de nadal

 

Presentamos o cartel co que convocamos o concurso de tarxetas navideñas. Animamos a participar todo o alumnado da ESO quen terán que entregar as súas propostas antes do 10 de decembro.