BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

28/1/26

 DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 DE XANEIRO DE 2026

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, unha data para recoñecer a importancia da imaxe nos libros e o traballo dos ilustradores e ilustradoras. A ilustración complementa o texto, axuda a contar historias e esperta a creatividade dos lectores.

Desde a biblioteca do instituto sumámonos a esta celebración cunha mostra de libros ilustrados, con diferentes estilos e temáticas, para poñer en valor esta forma de expresión artística e fomentar o gusto pola lectura.

Convidámosvos a visitar a biblioteca e descubrir esta selección especial.






26/1/26

MOCHILAS VIAXEIRAS


A lectura bota a andar!

No IES Marqués de Sargadelos entregamos as Mochilas Viaxeiras ao alumnado de 1º da ESO, unha actividade impulsada polo Equipo de Biblioteca.

Cada mochila vai cargada de libros para gozar en familia, descubrir novas historias e levar a lectura fóra do centro. Agora circularán de fogar en fogar, enchendo o camiño de imaxinación, aprendizaxe e ilusión.

Desexámosvos unha viaxe chea de boas lecturas!




Presentación IV Torneo de Xadrez

Desde o equipo da Biblioteca do IES Marqués de Sargadelos temos o pracer de presentar o IV Torneo de Xadrez do noso centro. Unha oportunidade perfecta para poñer a proba a túa estratexia, concentración e paixón polo xadrez.
As inscricións están abertas na biblioteca ata o venres 20 de febreiro.
Se che gusta o xadrez, non o penses máis e anímate a participar!

 

22/1/26

NATURGY. Obradoiro "A enerxía en xogo"

Hoxe o alumnado de 1º e 2º ESO participou en "A enerxía en xogo", un taller interactivo da Fundación Naturgy, organizado polo Departamento de Tecnoloxía. Durante dúas sesións intensas na biblioteca, aprenderon xogando sobre eficiencia enerxética, sustentabilidade e toma de decisións responsables.

Foi unha experiencia divertida e educativa, na que o alumnado traballou en equipo, investigou e reflexionou sobre o futuro enerxético do noso planeta.








15/1/26

E PARA DIXITALIZARSE, LUGO. Uso seguro e responsable de internet

 O alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Marqués de Sargadelos segue formándose no mundo dixital.

Participamos no programa "E para dixitalizarse, Lugo", impulsado pola Deputación de Lugo e financiado con fondos europeos. 
Ao longo de varias sesións, o noso alumnado aprenderá sobre o uso seguro, responsable e consciente de internet, unha competencia clara no día a día actual.
As actividades comezaon o xoves 15 de xaneiro, e continuarán os días 29 de xaneiro  e 5 de febreiro.
Seguimos apostando pola educación dixital de calidade!


12/1/26

Charla FORZAS ARMADAS

O alumnado de 4º ESO e 1º de bacharelato asistiu hoxe a unha charla informativa sobre a estructura das Forzas Armadas e as vías de acceso á carreira militar. Durante a sesión abordáronse cuestións como as escalas e especialidades, os requisitos de acceso, a duración dos estudos, a equiparación das titulacións, así como os destinos profesionais e as condicións laborais e salariais.

Unha actividade de orientación académica e profesional para axudar ao alumnado a coñecer novas opcións de futuro.

8/1/26

PREMIOS Concurso de postais de Nadal

Xa temos gañadoras do Concurso de Postais de Nadal!
Desde o IES Marqués de Sargadelos queremos felicitar a todo o alumnado participante pola súa creatividade, orixinalidade e implicación.
O concurso, que contou cunha moi alta participación, foi organizado polo equipo de Biblioteca, o departamento de Artes Plásticas e o equipo de Dinamización da Lingua Galega, e puxo en valor o talento artístico e o emprego do galego no noso centro.
1º premio: Iria Baltar Canoura.
2º premio: Irea Río Labaén.
3º premio: Claudia López Rivas
Parabéns ás premiadas e grazas a todas e todos os participantes por encher o Nadal de creatividade, arte e lingua.