BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

30/11/25

Novidades




 Esta semana, o espazo de exposicións da biblioteca renóvase cun conxunto de contidos que unen actualidade, literatura e reflexión crítica sobre os medios.

Por unha banda, presentamos os novos carteis dedicados as estreas cinematográfics e literarias do momento, unha selección visual que permite ao alumnado coñecer as tendencias actuais tanto na sala de cine como nas librarías. Acompáñanse tamén recortes de prensa con entrevistas culturais recentes, que ofrecen unha mirada directa a voces destacadas do panorama artístico e literario.

Ademais, incluímos un artigo informativo sobre Roblox, centrado na problemática da verificación de identidade e nos riscos que isto supón para a seguridade dos menores en contornas dixitais. Un recurso pensado para promover o espírito crítico e o uso responsable das plataformas en liña.

Aproveitamos tamén o lanzamento da nova versión cinematográfica de Frankenstein dirixida por Guillermo del Toro para convidar a redescubrir o clásico de Mary Shelley. No panel correspondente pódese consultar información sobre a autora, o contexto da obra e a súa enorme influencia na literatura fantástica e de ciencia ficción.


Novidades da semana

 

13 de novembro

Esta semana o espazo de novidades da biblioteca resalta por unha banda uns carteis explicativos dedicados ao centenario do nacemento de Ana María Matute, unha das grandes voces da narrativa española do século XX. No panel pódese consultar unha breve contextualización da súa vida e obra, así como unha selección representativa dos seus libros dispoñibles na biblioteca, para que quen o desexe poida achegarse ao seu universo literario.  

Xunto a ela, tamén se inclúen materiais sobre Eduardo Mendoza, recentemente recoñecido co Premio Princesa de Asturias das Letras. Amosamos unha pequena mostra das súas obras máis destacadas, acompañadas dun resumo introdutorio que permite comprender mellor a relevancia deste autor na literatura contemporánea.

Finalmente, o noso cartel incorpora tamén unha referencia cultural de actualidade: o estreo da película Bugonia. Para facilitar o achegamento ao novo filme, engadimos unha sinopse clara e unha breve crítica que axuda a valorar os seus principais acertos, temas e proposta narrativa.

Con esta combinación de literatura, análise e cultura audiovisual, a biblioteca quere ofrecer cada semana un espazo dinámico que esperte a curiosidade e anime a descubrir novas lecturas e creacións artísticas. 

25/11/25

25N

 📚💜 25N na biblioteca do centro 💜📚

Este ano conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun espazo moi especial: o noso punto violeta, onde presentamos unha selección de libros para pensar, sentir e tomar conciencia.
✨ “Que o único que che roube o alento sexa un libro” é o lema que guía esta iniciativa.

Ao longo da biblioteca tamén agardan citas repartidas polas mesas e estanterías, pequenas pinceladas de reflexión para acompañar as lecturas, xunto cunha exposición de carteis elaborados polo alumnado, que enchen o espazo de creatividade, sensibilidade e compromiso.

A lectura é unha das mellores ferramentas para construír igualdade. Sigamos lendo, aprendendo e avanzando xuntas e xuntos. 💜📖




24/11/25

Charla educación afectivo-sexual

  Hoxe estivo no noso centro María González Cociña, matrona e directora do Centro M (Burela), para impartir dous talleres de educación sexual adaptados á etapa da adolescencia. 

Comezou co alumnado de 1º e 2º ESO, con "Coñecendo o meu corpo". Este taller aborda os cambios físicos e emocionais que experimentan os rapaces e rapazas na pubertade, enfocado para promover a igualdade, a empatía e o respecto cara os compañeiros e compañeiros. Mediante presentación e actividades interactivas explicouse a función reproductiva de ambos e profundizamos no ciclo menstrual. Tamén se achegaron productos de hixiene menstrual para familiarizarse con eles. 

Despois, impartiu o taller "Sexualidade responsable" co alumnado de 2º e 4º da ESO. Nel deu información clara e adaptada sobre relacións sexuais, ITS e anticoncepción, fomentando o autocoñecemento, a relación positiva ca propia sexualidade, a toma de decisións responsables e o respecto interpersoal.

Estes talleres foron moi enriquecedores e contribúen á educación integral do noso alumnado.





20/11/25

Charla INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL

 Hoxe visitounos David, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para realizar co alumnado de 3° da ESO un taller co obxectivo  de sensibilizar sobre o uso responsable de Internet e redes sociais, así como da importancia de manter unha pegada dixital segura e positiva.

O contido deste taller centrouse en:

- Comprender que é a pegada dixital e como se forma.

- Identificar risco asociados á sobreexposición de datos persoais.

- Aprender a configurar a seguridade e privacidade nas redes sociais como WhatsApp, Instagram, TikTok, BeReal,..

- Fomentar prácticas seguras e responsables do uso das TIC.

Agardamos que esta charla nos axude a navegar en rede con máis criterio, seguridade e responsabilidade.





11/11/25

Charlas Fundación Alar Galicia

 A fundación Alar Galicia traballa na comunidade galega desde 2001 cos colectivos e persoas máis desfavorecidas. Actualmente faino en todo o territorio galego cos colectivos prioritarios de mulleres e menores, desde diferentes ámbitos, como a prevención e sensibilización de conductas autolíticas e suicidas, a prevención da violencia de xénero e da filioparental, entre oturos programas. 

Hoxe, martes 10 de novembro, visitaron o noso centro Lorena e Tania para dar dúas charlas ao noso alumnado. Na primeira, co alumnado de 3º da ESO, traballaron a "Influencia das novas tecnoloxías na conduta suicida". Na segunda, falaron da "Violencia machista e saúde mental na xuventude" co alumnado de 4º ESO.




10/11/25

Presentación do Concurso de postais de Nadal

Presentamos o cartel do Concurso de postais de Nadal. Animamos a participar todo o alumnado do centro, que poderán entregar as súas propostas antes do venres 12 de decembro.

 

7/11/25






 Aproveitamos o día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento para facer unha  mostra de posibles lecturas ao alumnado. Repartíronse diferentes citas por toda a biblioteca coas que os alumnos de 3º ESO realizarán unha serie de tarefas na hora de titoría.

                                             

                                                                                                                    

 

Hoxe botou a andar o Club de lectura "Palabras de Porcelana", coa primeira reunión na biblioteca. O alumnado interesado acudiu no primeiro recreo. Agardamos con interese as próximas reunións.