BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

27/9/24

Formación de usuarios e usuarias. Entrega de carnets, 1º ESO-A

Hoxe tócalle o turno ao alumnado de 1º ESO-A e realizamos a mesma actividade que fixemos cos seus compañeiros.Nas fotos vemos a todos en distintos momentos da sesión.









26/9/24

Formación de usuarios e usuarias e entrega de carnets-1ºESO B

Recibimos ao alumnado de 1º ESO-B na biblioteca para explicarlles acerca do funcionamento e xestión deste espazo así como as normas. Despois de terlles descrito a clasificación do material segundo a CDU, realizamos un exercicio práctico de localización de distinto material na sala. Finalmente, aproveitamos a ocasión para entregarlles os carnets de socios e socias.








Últimas novidades

No expositor da entrada temos expostas algunhas das últimas adquisicións para a biblioteca. animádevos a botarlles unha ollada.



23/9/24

Premio nacional de poesía á ourensá Chus Pato

 

Seleccionamos dous artigos de dous periódicos: La Voz de Galicia e El País que nos informan desta noticia. Acompañamos os artigos de dous libros desta autora. 

Ánimate a ler os artigos periodísticos, EL PAÍSLa Voz de Galicia





 

20/9/24

Historia de navegantes

Exposición no taboleiro de novas locais dun artigo publicado en La Voz de Galicia (16/09/2024) sobre Historia de navegantes e corsarios na comarca de A Mariña, tema tratado nunha charla polo historiador e docente José Mª Leal Bóveda (antiguo docente neste centro).

Premio Nacional de Cómic

Amosamos unha noticia de carácter cultural. A gañadora do Premio Nacional de Comic, a coruñesa Bea Lema fíxose co galardón pola súa obra El cuerpo de Cristo.

 

Horario e normas da Biblioteca

Colgamos na entrada da sala o horario e normas para este curso 2024/2025. A biblioteca estará atendida todos os recreos (10 recreos) por distintas profesoras e ademáis, contamos con 7 sesións adicadas á xestión e organización da biblioteca que son levadas a cabo pola coordinadora e outros dous profesores.