BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

31/1/25

Charla Trastorno Dismórfico Corporal

 O alumnado de 3° de ESO recibiu a visita de dúas psicólogas: Lucía Fernández Riesco e Belén Vázquez Rodríguez que se achegaron ao centro para falarlles da enfermidade coñecida como Trastorno dismórfico corporal.

Esta actividade foi organizada pola ANPA do centro.









23/1/25

Lecturas de inverno

Animamos aos visitantes da biblioteca a que se deixen abrigar por lecturas do seu agrado neste inverno. Ofrecemos un pouco de todo: novela, poesía, relatos, ensaio, divulgación etc.



22/1/25

Charla EduReferentes 2025

Onte o alumnado de 4° de ESO recibiu a visitas de referentes femininas baixo o programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia.

Nestes encontros as referentes comparten as súas experiencias cos alumnos e alumnas interactuando con eles/elas e respondendo a cuestións que lles expoñan en relación ás súas carreiras profesionais. Este programa nace da necesidade de contar con referentes femininos que sirvan como exemplos para as xeracións novas na súa actividade profesional, para que se dea visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas que son referentes nos seus respectivos sectores.




21/1/25

"Todo o tempo do mundo", exposición de traballos do alumnado de 2º ESO

Exposición de traballos, agora do alumnado de 2º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Gústanos compartir cos usuarios da biblioteca as tarefas desenvolvidas relacionadas coa lectura en algún grupos e así incentivar o gusto pola lectura e bo traballo.


 

16/1/25

Charla Forzas Armadas

O 15 de xaneiro o alumnado de 4° de ESO e 1° de FPBásica recibiu unha charla formativa sobre as Forzas Armadas.

Foron informados/as da estrutura xeral e das diferentes posibilidades de acceso á carreira militar nas tres escalas: Oficiais, Suboficiais e Tropa e Marinería, así como dos requisitos: estudos, nota de corte, tipo de probas (test psicotécnico, proba física...). Ademais estiveron conversando sobre a duración dos estudos a equiparación das carreiras, os destinos posibles e o soldo de cada un.







14/1/25

Exposición de traballos de literatura galega do alumnado de 1º ESO

Exposición de traballos do alumnado de 1º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo.

Cando se trata de fomentar o gusto e interese pola lectura, pedirlles aos estudantes que elaboren traballos sobre os mesmos, incluíndo tamén as súas opinións e engadindo algunha ilustración, contribúe a que leven a cabo esta tarefa con maior agrado.




 

13/1/25

Cartel de Bibliotecas escolares 2025

Colocación do cartel de Bibliotecas escolares para este ano. Con éste, xa son cinco os que temos expostos de modo permanente na nosa biblioteca contribuíndo así a que este espazo sexa máis acolledor e atractivo. Este curso a mensaxe incluída é: Biblioteca escolar, a escena!