BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

30/10/24

Microrrelatos arrepiantes

Actividade relacionada co Samaín/Halloween. Ambientamos a nosa biblioteca acorde a estas datas e aproveitamos para expoñer traballos do alumnado de Lingua e Literatura española de 4º ESO sobre as Lendas de Bécquer. Ademais desempoamos algúns títulos suxerentes para reler estes días, por exemplo: Escarlatina, a cociñeira defuntaEl fantasma de Canterville ou Dr Jekyll & Mr Hyde. Con este fondo terrorífico damos paso á lectura e interpretación duns microrrelatos en galego e castelán relacionados con esta temática. Agradecemos ao alumnado de Oratoria de 3º ESO o seu esforzo e interese por participar nesta actividade.























 


 

24/10/24

Día das bibliotecas, outubro 2024

Con motivo desta efeméride, o alumnado de 1º ESO de Lingua Galega e de Educación Plástica realizou unha descripción do espazo da biblioteca acompañada dun debuxo desta sala. Expoñemos os traballos no expositor da entrada para que toda persoa que pase por aquí o poida ver e comentar. Con esta actividade pretendemos implicar aos novos usuarios e usuarias da biblioteca no coñecemento deste espazo, co ánimo de impulsar o gusto por acudir con frecuencia e por sentirse acollidos.

 






18/10/24

Mochilas Viaxeiras 2024/2025

Esta semana iniciamos a actividade das Mochilas Viaxeiras nos grupos de 1º ESO A e B. O titor e titora explicaron a actividade ao alumnado nas sesión de titoría e fixeron entrega das mochilas aos primeiros de cada lista, e así irán circulando quincenalmente por toda a a clase. As mochilas conteñen material diverso (divulgación, cómic, unha película, arte). Con esta iniciativa, que xa leva en marcha varios cursos escolares, pretendemos fomentar o gusto pola lectura á vez que queremos incluír e implicar ás familias no desfrute e coñecemento da biblioteca escolar e os seus materiais.





 

Novos materiais

De novo facemos unha selección de material interesante de reciente adquisición e animamos aos visitantes da biblioteca a que os miren e os leven en préstamo.



 

15/10/24

Charlas Plan Director: Acoso escolar e Prevención de delitos sexuais

Onte visitounos Héctor Méndez, formador da Garda Civil para impartir dúas charlas do Plan Director.

A primeira delas dirixida ao alumnado de 1° e 2°de ESO sobre acoso escolar, onde se trataron as consecuencias que sofren as persoas que o padecen, xa sexa acoso tradicional ou o que se produce facendo uso de medios tecnolóxicos, poñendo especial atención en que é responsabilidade de todos e todas denuncialo e combatelo.

Por outro lado, impartiuse unha charla sobre prevención de delitos sexuais nos que puideran estar implicados nenos, nenas e adolescentes, como vítimas e como autores para alumnado de 3° de ESO, 4° de ESO e 1° e 2° de FPBásica.






Premio Nobel de literatura 2024: Han Kang

O galardón do Nobel de literatura de 2024 recaeu na surcoreana Han Kang. Recollemos a noticia publicada en dous xornais, artigos nos que se destaca a publicación dunha novela súa de 2015 xa traducida ao galego: A vexetariana. Acompañamos os artigos dun exemplar desta novela.

Indaga máis acerca desta literata clicando nos seguintes enlaces.

nos diario 

La Voz de Galicia