O alumnado de FPBásica e 3° de ESO recibiu unha charla sobre lesións medulares impartida pola asociación COGAMI.
Durante a charla indicaron a misión, visión e valores desta entidade que ten como propósito principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade.
Explicaron os diferentes tipos de discapacidade e tamén proporcionaron ferramentas para a prevención das lesións medulares.
Ademais escoitaron o testemuño dunha persoa afectada por unha lesión medular.