27/5/22
A TOPONIMIA DOS CONCELLOS DE CERVO E XOVE. ORGANIZA: EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSITCA.
Coñecer e valorar a riqueza toponímica do entorno e o significado e procedencia da mesma foi o tema da charla impartida hoxe no noso centro por Vicente Feijoo Ares; coordinador da Unidade Técnica de Toponimia e Seminario de Onomástica da Real Academia Galega ; xestor e revisor da plataforma "Galicia Nomeada"
18/5/22
17/5/22
9/5/22
DÍA DE EUROPA. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA/BIBLIOTECA.
Cada 9 de maio, celebramos o Día de Europa. Esta data marca o aniversario da histórica “Declaración Schuman”, na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixese inconcebible a guerra entre nacións europeas; idea que desgraciadamente aínda está lonxe de ser unha realidade, como cada día nos demostran os tristes e dramáticos feitos que presenciamos.
O noso alumnado de bacharelato, na materia de
Economía veu realizando un interesante traballo sobre o proceso de configuración
da Unión Europea e as súas institucións.
É o desexo de
todos que a idea de Schuman de ver unha Europa sen enfrontamentos nin guerras
se faga canto antes unha realidade.
Paz en Europa.