BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

21/12/21

GUÍA DE LECTURA PARA O NADAL.

 Estes días chegaron á biblioteca novos libros que vos poden servir de referencia para as vosas lecturas.

O equipo de biblioteca aconséllavos que leades moito este Nadal e que regaledes libros.






CONTA NOVE ESTRELAS DE ANDREA MACEIRA E A BALADA DOS UNICORNIOS DE LEDICIA COSTA.. TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE PRIMEIRO DE ESO.

Ademais de ler os libros, traballamos o seu contido: personaxes, espazo, tempo, etc. Informámonos sobre os seus autores e  autoras. Como resultado temos fermosos e elaborados traballos coma estes realizados polo noso alumnado de 1º de ESO.







CERTAME DE TARXETAS DE NADAL. ENTREGA DE PREMIOS.

Entre os moitos participantes no concurso de tarxetas de Nadal, estas foron as que escollemos como as tres mellores. Fixemos entrega dos premios na biblioteca. Parabéns aos premiados e grazas a todos e todas pola particpación.