BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

24/4/23

Charla GenTech - DigiTalent

A semana pasada o alumnado de 1º e 2º de BAC participou na actividade GenTech - DigiTalent. Esta actividade está centrada na presentación de proxectos de base tecnolóxica que permite coñecer as opcións profesionais e a realidade do sector TIC.

O seu obxectivo principal é fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM e achegar aos centros as oportunidades laborais no sector tecnolóxico.

Para esta actividade contamos coa participación dun profesional que pretence á empresa Altia que expuxo en primeira persoa a súa experiencia  desde unha perspectiva real.








23/4/23

Día do libro 2023

Na biblioteca do centro tamén celebramos o Día do libro 2023.

Fai que a lectura encaixe na túa vida.





Plataforma E-LBE.2

Incorporámonos á plataforma de préstamo dixital E-LBE.2

Esta plataforma procura ampliar as experiencias e as posibilidades que ofrece para a mellora da competencia  lectora e dos hábitos de lectura entre os máis novos.

Durante o curso xa puideron desfrutar dela con lecturas como A dúbida de María Reimóndez, As meigas de Lupa de María Solar, Xa non estou aquí de Iria Misa, O que sei do silencio de Andrea Maceiras, A neve interminable de Agustín Fernández Paz e O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.







20/4/23

Traballos sobre o libro de lectura "Corredores de sombra" de Agustín Fdez Paz

Deixamos por aquó constancia dos traballos reallizados polo alumnado de 3º de ESO para a mateira de Lingua galega e literatura sobre o libro Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz.

Podedes encontralos expostos na biblioteca do centro.







13/4/23

Encontro co ilustrador e debuxante Cristian F. Caruncho

Hoxe tivemos a sorte de encontrarnos con Cristian F.Caruncho, ilustrador do libro Saínza, a punkiereteira. Un traballo realizado xunto á escritora María Canosa.

O alumnado de 2º ESO coñeceu o proceso de elaboración deste libro da man do propio debuxante, como se iniciou a idea para a creación e as ferramentas que utiliza.