BIBLIOTECA IES MARQUÉS DE SARGADELOS.

30/11/23

Charla Ciberseguridade e prevención de delitos sexuais relacionado coas redes sociais (Plan Director)

O alumnado de 1° e 2° de ESO recibiu a visita da Garda Civil dentro da iniciativa do "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seu entorno", para falarlles sobre ciberseguridade e prevención de delitos sexuais relacionados coas redes sociais.






22/11/23

Que non te líen. Ti elixes

Onte o alumnado de 3° e 4° da ESO participou nunha charla do Programa educativo "Que non te líen, ti elixes". Este programa ten como obxectivo favorecer a orientación vocacional libre de estereotipos na elección de itinerarios formativos enfocados nos ciclos de formación profesional con menor presenza de mulleres.

Con esta charla preténdese estimular o espírito crítico na identificación de estereotipos sexistas asociados a determinadas profesións masculinizadas, ofrecer respostas baseadas na lóxica e na investigación científica sobre a cuestión de como os estereotipos deciden por nós, contrastar as condicións laborais derivadas dos diferentes ámbitos e sectores profesionais, pór en común datos sobre a representación feminina nos ciclos de FP e profesións masculinizadas e nomear mulleres referentes de éxito en ámbitos profesionais con reducida presenza feminina.























18/11/23

Iniciación segura á Pegada Dixital

Onte o alumnado de 4°e 2° de ESO participaron nun obradoiro sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais.

Nel abordaron a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os e as menores para potenciar as competencias tecnolóxicas, o seu emprego como fonte de información para adquirir novos coñecementos con espírito crítico, sempre desde unha perspectiva de reflexión ética sobre o seu funcionamento e utilización.

O obradoiro foi impartido por Manuel Rivas, integrante da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).













17/11/23

II Concurso de oratoria

 O Departamento de Lingua e literatura española en colaboración coa Biblioteca convoca o II Concurso de oratoria. Haberá dúas categorías e os participantes terán que elixir entre dous temas. Entregaranse dous premios, un en cada categoría. Amosamos as imaxes co cartel da convocatoria e as bases do concurso.




Punto de información xuvenil para menores

 Onte tivemos no centro un punto itinerante de información para a xuventude. un técnico da Consellería de Política Social e Xuventude achegouse ao IES Marqués de Sargadelos para que o alumnado coñeza de preto todos os recursos, programas e axudas existentes en materia xuvenil. Así mesmo, neste punto tamén se habilitou a activación do Carné Xove, para aqueles e aquelas que non dispoñían del.












10/11/23

Día mundial da ciencia con E-LBE

 Animámosvos  a que visitedes a plataforma dixital E-LBE e descubrades interesantes materiais relacionados coa ciencia. Tamén lle podedes botar unha ollada a estes libros ilustrados.




8/11/23

Charla orientación laboral 2ª sesión


O alumnado de 4° de ESO e FPBásica recibiu hoxe a segunda sesión de orientación laboral a cargo de Natalia González Piñeiro.

Esta sesión estivo centrada na entrevista persoal.